Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A orquestra de Saxos grava “En Sax Simón”

RR_Noticias

Este é o terceiro traballo discográfico da formación, un CD no que se poderán escoitar pezas de swing e que será gravado na illa de San Simón durante os días 23, 24, 25 e 26 de febreiro baixo a dirección de Elisa Arias.

Os membros da Orquestra de Saxos do Conservatorio de Redondela gravará o seu terceiro traballo discográfico que sairá ao mercado baixo o título de “En Sax Simón”. O título do cd resulta dun xogo de palabras entre saxo e o nome da Illa de San Simón, lugar onde se levará a cabo a gravación.
Durante catro días este grupo de 44 saxofonistas gravará na Illa os temas que conformarán o seu terceiro traballo. Contará ademais coa colaboración de tres percusionistas así como intérpretes invitados de clarinete, acordeón, trompeta e piano para actuar como solistas nalgunhas das pezas. Tres técnicos holandeses serán os encargados do apartado técnico.
A formación acomete este novo proxecto baixo a batuta da súa directora Elisa Arias e conta coa colaboración de José Pérez na realización de arranxos, creación de pezas e producción musical.
O repertorio escollido para esta ocasión son pezas de swing, moitas das cales inclúen fragmentos solistas. Algunhas das pezas son arranxos de clásicos deste estilo e a maioría creacións do compositor José Pérez inspiradas na estética musical deste estilo. Dende a dirección da orquestra destacan dúas pezas creadas por este compositor nas que realiza unha fusión de swing e dous temas galegos famosísimos como son “Unha noite na eira do trigo” e “Catro vellos mariñeiros”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará