Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación contra o cancro anima a enfermos e familiares a solicitar apoio

RR_Noticias

A incerteza e as dúbidas que provoca no paciente o diagnóstico de cancro é algo común enfermos e familiares e, precisamente, para paliar e afrontar eses medos iniciais dende a Asociación Española Contra o cancro teñen en marcha diferentes programas de acompañamento abertos a todos os que queiran achegarse. Un tema que se abordará hoxe venres nunha charla que terá lugar ás 18:30 horas na Casa da Torre.

A incerteza e as dúbidas forman parte da reacción de alguén que recibe o diagnóstico de que padece un cancro. Unha reacción lóxica que dende a Asociación española contra o cancro intentan aliviar coa posta en marcha dun programa que baixo o nome “Primeiro Impacto” tenta atender de xeito inmediato e integral as necesidades de paciente e familiares nos tres primeiros meses logo de coñecer que se padece a enfermidade. A psicóloga Ainhoa Carrasco Estevez é unha das persoas que realizan ese primeiro traballo de acompañamento e apoio do que se falará esta tarde ás 18:30 na Casa da Torre. Unha charla na que participará tamén o cirurxián experto en reconstrucción mamaria Xosé Ramón Larrañaga. No acto analizarase o positivo de contar con apoio psicolóxico que permita afrontar con optimismo as distintas fases da enfermidade, algo que está demostrado que axuda tamén a optimizar a eficacia dos tratamentos. Ainhoa Carrasco anima a todas as persoas que padezan a enfermidade ou que teñan a alguén ao seu carón que estea a afrontar a doenza a que se acheguen a Asociación onde existe un amplo abano de servizos e recursos. Poden facelo achegándose directamente a calquera das oficinas da Asociación ou a través do teléfono 986 865220, onde lles facilitarán calquera información que precisen.  

Ainhoa Carrasco psicóloga
Unha figura de acompañamento moi necesarios para enfermos e familiares
Efectos beneficiosos
É necesario traballar para contar cun bo estado de ánimo
Recursos do servizo
Un asociación aberta a todo tipo de consultas e servizos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará