Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A crise protagoniza o Entroido

RR_Noticias

E faino en dous sentidos, por unha banda porque as actividades organizadas dende a Concellería de Cultura non se libran dos recortes coa eliminación dos tradicionais fogos de artificio e, por outra banda, porque o meco que será pasto das lapas e reducido a cinzas o vindeiro martes representa precisamente á tan manida e temida crise.

Queimar a crise e facela desaparecer é sen ningunha dúbida o soño de todos os cidadáns que se están a ver afectados de cheo polos recortes. Pois iso é o que se fará o vindeiro martes en Redondela onde o lume fará desaparecer un meco que ata ese momento permanecerá no balcón da casa consistorial e que representa á tan traída e levada crise. Unha actividade enmarcada dentro da programación do Entroido organizada pola Concellería de Cultura e que arrancará xa na xornada do domingo co desfile de comparsas que partirá ás 18:00 horas dende o Campo da Feira para percorrer as rúas do casco urbano. En total, 15 agrupacións que se poderán face con algún dos premios que concede o concello e que oscilarán entre os 900 euros para a comparsa que quede en primeiro lugar e os 600 e 300 para a segunda e terceira, respectivamente. Haberá ademais premios de menor contía para os grupos, parellas e mellor disfrace individual. E os máis cativos terán tamén a súa cita coa realización de obradoiros variados de globoflexia e maquillaxe. Un Entroido 2012 que non se libra dos recortes. De feito, este ano non se levará a cabo a tradicional tirada de fogos de artificio que servía para pechar estas celebracións no centro da vila. Uns recortes que se notarán tamén no alumeado que desaparece das rúas.  

Alberto Pazos Concelleiro de Cultura
O edil adiántanos cales van ser as actividades deste entroido
Un meco para reducir a cinzas
O meo que se poderá ver no balcón do Concello representa a crise
Un entroido sen fogos de artificio
Os recortes tamén afectan a estas celebracións

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará