Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha hipotética rutura do encoro de Eiras leva a elaborar un plan de evacuación para Soutomaior

RR_Noticias

O conselleiro de presidencia Alfonso Rueda, presentou onte en Soutomaior xunto co alcalde da localidade, Agustín Reguera, este plan de emerxencia no que se inclúe unha posible evacuación dos veciños de Soutomaior no caso de que se producira unha rotura ou un desbordamento do encoro de Eiras.

No plan de emerxencia analízanse os problemas que se poidan presentar relacionados con incidencias no encoro así como o xeito de resolvelos satisfactoriamente, analizando a organización dos materiais e medios precisos pero tamén os sistemas de aviso inmediato para alertar do acontecido.
O obxectivo prioritario é evitar a rotura da presa “que é nulo ou case nulo, pero que existe” segundo puntualizan dende a Consellería. Con todo, chegado o caso habería que traballar para minimizar as consecuencias que este feito de se producir poida ter nas poboacións situadas baixo os encoros. No caso concreto de Soutomaior os posibles afectados son un total de vinte núcleos situados nos 12 kilómetros de percorrido entre o encoro e a desembocadura do río Verdugo que quedaría inundados en 30 minutos.
Segundo explicou o conselleiro, na actualidade Galicia dispón de 12 plans de emerxencia aprobados nas presas galegas e o obxectivo da Xunta é que antes de rematar este ano haxa 18 presas galegas que conten xa cun plan de emerxencia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará