Hoxe é Mércores 6 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O peche dos bancos marisqueiros abocará ao paro a 20 embarcacións de Cesantes

RR_Noticias

A Confraría de Redondela demanda que se lles permita faenar nas zonas aínda sen explotar, isto é, nos bancos de Cíes, Baiona, Liméns e Barra e rexeita o peche da totalidade dos bancos a partir do 1 de marzo. A decisión da Consellería pasa pola reunión que este venres manterán a totalidade dos pósitos que traballan na ría.

A postura da confraría de Cesantes é clara, e pasa porque se pechen todos os bancos marisqueiros da ría salvo aqueles que aínda non foron explotados. Isto permitiría aos traballadores do mar seguir faenando en Cíes, Baiona, Limens e Barra e permitiría tamén abastecer ao mercado, unha demanda que no caso contrario podería ser cuberta por marisco procedente de fora. Unha postura que choca coa mantida pola Asociación de confrarías da Ría de Vigo, formada por Moaña, Baiona, Vigo e Vilaboa, que defende que se peche de xeito inmediato a totalidade dos bancos, argumentando que a escaseza do recurso non deixa outra alternativa. Sen embargo, dende Redondela, o patrón maior, Clemente bastos, asegura que a reducción de ameixas e berberechos non se debe a unha sobreexplotación senón a outros motivos “como os recheos ou o mal funcionamento das depuradoras” motivo polo que demandan da Consellería que atalle o problema non impondo unha veda provisional senón desenvolvendo un plan de recuperación da ría En Redondela son 20 as embarcación que traballan exclusivamente no marisqueo a flote e que non terían outra alternativa que deixar de faenar.  

Clemente Bastos patrón maior
Un sistema de rotación para protexer os bancos da sobreexploación
Plan de recuperación
Demandan a actuación da Consellería na mellora da ría
20 embarcación abocadas a o paro
Os mariñeiros que traballan no marisqueo a flote so teñen unha alternattiva: irse para casa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará