Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Eva Hache e Nacho Vigalongo participarán nun congreso de comunicación en San Simón

RR_Noticias

A Illa acollerá a segunda edición do congreso “#NeThinking: Como comunicarnos” que se celebrará os días 7 e 8 de marzo  e que organiza a Consellería de Cultura e Educación. Contará coa participación de destacados xornalistas e editores dixitais como Eva Hache, o director de cine Nacho Vigalongo ou o músico Julián Hernández, entre outros.

A Fundación Illa de San Simón abrirá a súa programación para este ano 2012 coa segunda edición do congreso de comunicación e redes sociais, que se celebrará os vindeiros días 7 e 8 de marzo. Deste xeito, volveranse a reunir na Illa do Pensamento destacados e influentes expertos da rede como a xornalista Eva Hache, o cineasta Nacho Vigalondo, o músico Julián Hernández, recoñecidos e activos blogueiros como José Jiménez Moltó (Kurioso); editores de medios dixitais e expertos en redes sociais como Javier Celaya, Ismael El-Qudsi, Juanjo Amorín, Marilin Gonzalo ou Eduardo Arcos.
Tamén participará o consultor Antonio Delgado; a especialista en seguridade informática Elena Gómez del Pozuelo; destacados xornalistas multimedia como Mario Tascón, Antón Losada e Carmela Ríos; e expertos en comunicación de diferentes universidades galegas como Francisco Campos, Xosé López, Manuel Gago ou Valentín Alejandro Martínez. Asemade, a laureada blogueira cubana Yoani Sánchez, autora do blog Generación Y, que está considerado como un dos 25 mellores do mundo, tamén participará de xeito virtual neste foro.
Doutra banda, xa está confirmada a celebración do congreso Neuromagic 2012 os días 7 a 9 de maio, coordinado por Susana Martínez-Conde e Stephen Macknik, dous dos neurocientíficos cognitivos máis prestixiosos do mundo, codirectores do Barrow Neurological Institute de Phoenix e especializados no estudo estudio do nexo entre ilusións e realidade na fronteira entre a arte e a ciencia, especificamente entre neurociencia e maxia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará