Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Festa de goles do Choco en Barreiro

RR_Noticias

Os de Jacobo Montes non perdoaron ó Gran Peña, e deron unha lección de fútbol ós locais cun marcador de 0-4. Yeray con tres tantos e Álex con un foron os autores materiais da goleada, que deixa ó Choco máis líder. Peor sorte tiveron os equipos locais de Primeira e Segunda Autonómica con derrotas do Chapela e o Arcade.

Preferente Autonómica
Gran Peña 0-4 Choco
O Choco consolida o seu papel de líder xornada tras xornada. Os de Jacobo Montes non perdoaron ó Gran Peña e protagonizaron unha goleada no campo de Barreiro. O primeiro tanto foi obra de Yeray no minuto 12, o primeiro do seu triplete. Logo houbo varias ocasións, pero as cousas cambiaron sobre todo a partires do minuto 42. A expulsión de Garea por dobre amarela deixou ós locais cun home menos, e no segundo tempo o dominio do Choco foi total, con dous goles máis de Yeray e un de Álex. Os redondeláns con este novo triunfo mantéñense como líderes en solitario. Na próxima xornada reciben en Santa Mariña ó Barco, 7º clasificado.
Primeira Autonómica
Caselas 1-0 Chapela
O Chapela intentouno, aínda que sen sorte. Tivo unha ocasión clara co 0-0 no marcador, pero faltou acerto. E aguantaron o empate a ceros ata o minuto 80, momento no que Ruba anotaba para o Caselas. O resultado deixa ós redondeláns na parte baixa da táboa. Na próxima xornada visita o campo do Chapela outro dos equipos que está moi necesitado de puntos, o Sp. Marín, dous postos por baixo do Chapela.
Segunda Autonómica
Zacande 4-1 Arcade
Os de Jonathan Álvarez afúndense na parte baixa da táboa logo de ser goleados polo Zacande. O domingo reciben a un dos equipos máis fortes do grupo, o U.Dena, 4º clasificado.
Terceira Autonómica
Choco B 0-2 Lavadores
Os redondeláns non puideron co líder, o Lavadores, que impuxo o seu xogo. Con todo o filial do Choco mantén a 6ª praza do grupo. A próxima xornada visitan o campo do Alcabre, dous postos por baixo dos de Redondela.
Chapela B 2-2 Alcabre
Reparto de puntos no partido do filial do Chapela, que segue na metade baixa da táboa. Na próxima fin de semana xoga no campo do Sampaio.
At. Vilar 1-1 Ribadelouro
Os redondeláns están na metade da táboa logo do empate co Ribadelouro. A próxima xornada terán un encontro de moita igualdade e rivalidade, xogan no campo do Oiense, un posto por riba do At.Vilar.
Moaña B 3-0 Cesantes
O Cesantes ocupa a metade da táboa logo da derrota no Morrazo. A próxima xornada recibe en Redondela ó pechacancelas, o Caroi.
Bueu 3-0 Soutomaior
Inesperada derrota do Soutomaior que firmou o seu peor partido. O Bueu fixo mellor xogo e tivo máis ocasións, que materializou en tres goles, sen que o líder fose quen de reaccionar. Con todo o Soutomaior conserva a primeira praza do seu grupo. O domingo terá que cambiar de actitude xa que recibe ó Pontecaldelas, 3º do grupo.
Nespereira 2-0 Alpinista
Os de Pazos conseguiron unha importante vitoria diante do Alpinista. Son 5º, e o domingo xogan no campo do Crecentense, da parte baixa da táboa.
Fútbol Sala-Autonómica Sur
Rodavigo 4-1 Redondela F.S.
Os de Nolichi non puideron co líder do grupo. O Rodavigo impuxo o seu xogo e goleou ós redondeláns, que se manteñen na metade da táboa. O sábado disputarán en Redondela un encontro que se prevé moi igualado, xa que reciben ó Abetos, co que están empatados a puntos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará