Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Paraxe Chapela afiánzase na segunda posición

RR_Noticias

O bo facer dos xogadores do Paraxe serviulle esta fin de semana para lograr unha nova vitoria ante o Ademar por 30-26. Moito peor lle van as cousas a SAR, pechacancelas do grupo e que non puido rabuñar ningún punto na súa visita ao campo do Cangas, un partido que rematou co resultado de 32-31.

O Paraxe Chapela continúa afianzándose nos primeiros postos da categoría logo de lograr unha nova vitoria ante o Ademar, un encontro que os chapeleiros afrontaron con dificultades por contar cun equipo  moi corto, situación que se agravou logo de que se lesionara Angel Martinez no inicio da segunda parte.
Con todo, o Paraxe tomou o mando do partido nos minutos finais do primeiro tempo e non o abandonaría ata o final. O encontro rematou co resultado de 30-26, quedándose os puntos na casa o que permiten ao Chapela manterse nos postos altos da táboa, na segunda posición e a tan só dous punto do líder, o Porriño. A priori a vindeira cita non debería ser complicada xa que aínda que xogan fora da casa o seu rival será o Cafés Toscaf, situado na parte baixa.
A Sar pola súa banda non levanta cabeza, son os pechacancelas do grupo e aínda que pola mínima, volvía perder esta fin de semana o encontro disputado no Morrazo, partido ante o Cangas que remataba co resultado de 32-31.
Difícil o teñen os de Redondela que na próxima cita reciben na bomboneira ao líder, o Porriño.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará