Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Quen paga os impostos en Redondela?

RR_Noticias

Iso é o que se preguntan os veciños de Chapela que veñen de denunciar o que cualifican de “situación totalmente anómala na recadación de impostos e taxas municipais do concello”. Aseguran que non se están a perseguir os impagos de taxas tales como o lixo ou o imposto de plusvalía municipal e que a ningunha empresa se lle cobra o imposto sobre actividades económicas. Reclaman que se depuren responsabilidades políticas.

A presidenta da Asociación de veciños, Angela Méndez, asegura que foron os propios responsables municipais quen lle confirmaron a escasa rigorosidade que existe dentro do organismo municipal á hora de reclamar pagos tales como a plusvalía municipal “que só pagan os que voluntariamente se achegan ao Concello a facela efectiva” ou a taxa do lixo “que só se lles está a cobrar aos que teñen domiciliado o pago”. Unha confirmación que se producía no transcurso do Consello parroquial celebrado o pasado día 6 en Chapela. Durante o mesmo o seu presidente, Miguel Angel Álvarez, teríalles comunicado aos alí asistentes que ademais de non perseguir aos que non abonan a taxa do lixo ou a plusvalía, tampouco se lle está a cobrar a ningunha empresa o Imposto sobre actividades económicas “que por lei teñen que pagar todas aquelas empresas que facturan máis de un millóns de euros”. Na súa defensa, o edil popular explicou que a situación ven de gobernos anteriores e que o novo goberno “aínda non tivo tempo de arranxalo”. A asociación de veciños denuncia a pasividade de goberno e oposición, tendo en conta que “o servicio de recadación está cedido a unha empresa privada que cobra máis de 200.000 euros ao ano e que continuamente se nos di que o Concello non ten cartos e non se poden facer investimentos”. Por este motivo, o colectivo veciñal reclama que se depuren responsabilidades “tanto da empresa adxudicataria dos cobros como dos políticos que consentiron tal situación, e que se reclamen as débedas pendentes”.  

Angeles Méndez AVV Chapela
A presidenta da asociaión cualifica a situación de indignante

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará