Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

II edición do encontro “Búrbida Máxica”

RR_Noticias

O Multiusos da Xunqueira acolle esta tarde ás 21:00 horas a primeira das tres sesión que compoñen o programa de maxia que durante tres venres consecutivos vai pasar por este edificio. Unha iniciativa que conta co apoio da Concellería de Cultura e que está orientada principalmente ao público adolescente.

Os primeiros en actuar na xornada de hoxe serán José, Noel e o mago Eloy Crespo, responsable ademais da organización. Os magos estarán dispersos en tres lugares pouco convencionais. Na entrada repartiranse tarxetas de cores entre os asistentes que deberán atopar a sala cuxa cor corresponda coa súa entrada. Comezará así o seu percorrido máxico polos diferentes espazos.
Mago e espectadores comparten nesta proposta un espazo íntimo e reducido co obxectivo de achegas aos asistentes a un mundo máxico.
Cada venres pasarán polo Multiusos tres magos con diferentes estilos pero cun único obxectivo, achegar a maxia aos espectadores, que participarán activamentes e que moitas veces poderán tomar decisión sobre os números
O venres 17 actuarán o Mago Oscar, Xulio ML e o mago Eloy Mateos. As actuación chegarán ao seu remate o venres 24 con espectáculos a cargo de Alán Golias, o mago Keko e a colaboración especial de Kilo Pastur
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará