Hoxe é Mércores 25 de Novembro de 2020

Os alumnos de debuxo e pintura do Centro Recreativo amosan as súas “Esencias” no Multiusos

RR_Noticias

Non están todos os que son pero si son todos os que están, con este dito poderiamos resumir o que pensa Ana María Tomé, profesora de debuxo e pintura do Centro Recreativo de Redondela dos cadros que os seus alumnos amosan no Multiusos da Xunqueira durante todo o mes de febreiro.

Unha exposición baixo o título “Esencias” e que pretendía ser un percorrido polas diferentes técnicas que os alumnos destas clases empregan nos seus traballos, técnicas que van dende o debuxo ao grafito sobre papel pasando polo óleo ou o acrílico, pero que finalmente non logrou plasmar ese obxectivo. Ana María Tomé lamenta que non se contase con ela á hora de seleccionar os cadros a expoñer “xa que quedaron fora moitos que merecían e debían estar na exposición”. Con todo, destaca que a variedade existente entre os medio cento de traballos que conforman a mostra xustifican sobradamente unha visita a esta exposición que permanecerá no Multiusos ata finais de mes. Ana Tomé anima a todas aquelas persoas que teñen algunha inquietude ou interese en achegarse ao debuxo ou a pintura a que se acheguen a esta actividade porque segundo explica “todos somos quen de aprender a pintar” As clases impártense no Centro Recreativo en horario de tarde e están abertas a todas as persoas interesadas en se inscribir.  

Ana María Tomé profesora de debuxo e pintura
Tomé explica as carencias da mostra pero tamén porque debemos achegarnos
Cursos abertos
Todos somos quen de pintar iso é o que asegura Ana María

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *