Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Plastic Omnium prevé crear 200 empregos

RR_Noticias

A factoría redondelá Plastic Omnium mantén as súas previsións de creación de emprego para os vindeiros dous anos grazas á carga de traballo que traerán os novos lanzamentos de PSA Peugeot Citroen en Vigo. As previsións da empresa estiman que serán 200 os novos postos de traballo que se poderán crear a curto prazo.

O impulso definitivo a esta ampliación dábao onte o Consello da Xunta coa declaración de proxecto de incidencia supramunicipal para esta empresa, que inclúe a ampliación das instalacións da fábrica e a posta en marcha dunha liña de producción pioneira en España que se dedicará á fabricación de compoñente mediante a inxección de plástico.
Plastic Omnium – antiga Peguform- investirá 8’5 millóns nas súas novas instalacións. 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará