Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detidos dous veciños de Redondela dentro da “Operación Mou”

RR_Noticias

A Policía Nacional desarticula un grupo organizado de atracadores especializados no roubo de locais de hostalaría. Entre os detidos hai dous veciños de Redondela en cuxos domicilios foron localizadas varias balas e material que poderían ter sido usado aló menos en seis roubos, dous deles no centro da vila e en Saxamonde.

As detencións producíronse no marco da denominada “Operación Mou” en cuxa investigación levaban traballando os axentes dende hai semanas co obxecto de esclarecer unha serie de roubos con forza en establecementos de Hostalaría de Vigo e comarca.
O grupo desarticulado estaba formado por tres persoas de 25, 26 e 37 anos de idade, dous deles veciños de Redondela e todos con numerosos antecedentes policiais.
Entre os feitos delictivos que se lles imputan está o roubo con forza nun bar do Camiño da Pedreira de Saxamonde que tivo lugar o pasado día 16 de xaneiro de onde subtraeron os cartos da caixa rexistradora e varios cartóns de tabaco. Asemade foron responsables doutro atraco nun local de Arcade, onde empregaron unha pistola e un sable para facerse tamén cos cartos da caixa rexistradora.
O último dos delitos que se lles imputa foi o roubo o pasado 23 de xaneiro do local dedicado a venta de pizzas da rúa Ernestina Otero. Nesta ocasión foron dous individuos os que accederon ao interior do local co rostro oculto, cadanseu cunha pistola, intimidando aos traballadores e levándose os cartos da caixa rexistradora.
Nos rexistro efectuado nos domicilios dos tres detidos, dous deles en Redondela, intervíronse balas e prendas de roupa que supostamente foron empregadas para cometer os atracos.
Todos os imputados, que pasaron xa a disposición do Xulgado de Instrucción número un de Vigo, contan con antecedentes policiais.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará