Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Augas de Galicia estuda novos emprazamentos para a depuradora de A Marisma

RR_Noticias

Unha das primeiras opcións de cara a mellorar a estética na zona de A marisma e eliminar os cheiros que produce a depuradora, pasaba polo seu soterramento. Unha opción que segundo explicou o alcalde Javier Bas “non é posible, xa que ao atoparse esta estación na desembocadura do Alvedosa veríase afectada polas mareas o que impediría o bo funcionamento da maquinaria”.

O alcalde Javier Bas, confirma que se están a estudar posibles alternativas para o traslado da estación depuradora de Redondela. Así llo confirmaron responsables de Augas de Galicia con quen mantivo unha reunión co gallo de adoptar medidas de mellora na EDAR orientadas por unha banda a mellorar a estética da zona así como acabar cos cheiros procedentes da depuradora.A alternativa máis factible, logo de comprobar que o seu soterramento non sería posible por problemas técnicos, é o seu traslado a outro lugar, posibilidade que están a estudar agora os técnicos de Augas de Galicia.Uns trámites dos que daba conta o rexedor local no último pleno municipal logo de que así llo demandasen dende a Agrupación de Electores.

Javier Bas alcalde de Redondela
O rexedor explica que trámites se realizaron con Augas de Galicia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará