Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pesca permite duplicar quendas na captura do choco o que pode provocar sobreexplotación

RR_Noticias

O patrón maior de Cesantes, Clemente Bastos amosase satisfeito coas capturas e os prezos acadados nas primeiras horas de campaña, aínda que tamén prudente ante os cambios impostos polo novo decreto de pesca que permite “manter os aparellos no mar as 24 horas do día” o que pode provocar a sobreexplotación dos recursos pesqueiros.

A nova normativa que se aplica xa nesta campaña inclúe novidades importantes, xa que contempla a posibilidade de que se realicen dúas quendas, a primeira con saída ás seis da mañá ata as 20:00 horas e unha segunda en horario nocturno. Isto supón que se incrementen as capturas pero tamén existe o temor de que a sobre pesca acabe cos recursos existentes nunha ría especialmente sensible como é a Enseada de San Simón.Con todo, Bastos amósase satisfeitos coas primeiras horas da campaña que deixan cifras récord que supoñen un incremento dun 40% respecto do ano pasado. Así, na primeira xornada entraron na lonxa 1.000 kilos de choco que se venderon a 4’75 euros de media.

Clemente Bastos patrón maior
A nova normativa permite a captura do choco durante as 24 horas
Capturas record
Un 40% máis respecto do ano pasado

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará