Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Responsables de Fomento visitan as obras do AVE para dar resposta as queixas veciñais

RR_Noticias

O responsable do ministerio de Fomento, José Miguel Monteagudo, e o concelleiro de Vías e obras, Cándido Vilaboa visitan na mañá de hoxe as obras do AVE ao seu paso por Cesantes, Reboreda e Quintela para coñecer de primeira man os prexuízos que esta actuación está a causar nas parroquias afectadas. Onte un novo vertido tinguía a canle do río Maceiras.

A visita que durante a mañá de hoxe están a realizar os técnicos de Fomento aos lugares e parroquias afectadas polas obras do AVE, prodúcese logo de que os responsables do Concello se reunisen nas últimas semanas coas asociacións de afectados e colectivos veciñais para coñecer as incidencias e prexuízos que padecen os que viven preto das obras. Unha queixas que se concretan no incremento de po, tráfico pesado e ruído, así como denuncias en torno aos mananciais que se viron afectados polas obras e a non reposición de accesos a camiños veciñais. Vertidos ao MaceirasOutras das queixas máis recorrentes dende que se iniciaran os traballos son os reiterados vertidos que de xeito periódico afectan aos ríos Alvedosa e Maceiras. Así, na xornada de onte producíase novamente un vertido a este último río, un vertido que tinguía a súa canle de cor branca. A denuncia chegou á policía local quen procedeu a recoller mostras da auga para a súa posterior análise, que concluíu que o vertido non era contaminante. Unha vez máis todo apunta a que se tratase dalgún vertidos procedente das obras do tren de alta velocidade, aínda que dende a Policía apuntan que “este feito non puido ser constatado”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará