Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Empresarios e políticos reclaman un PXOM cuxa aprobación se pospón 4 anos máis

RR_Noticias

A Asociación e empresarios de Redondela demanda medidas concretas que fomenten o desenvolvemento dos sectores económicos e do emprego. Medidas que ao entender do seu presidente, José Antonio Gómez pasan necesariamente por impulsar o proxecto do polígono industrial de Chan das Pipas. O alcalde Javier Bas estima que o PXOM non será unha realidade antes de catro anos.

A Asociación de empresarios de Redondela celebrou onte un foro de desenvolvemento local con representación dos sectores políticos e económicos co obxectivo de establecer un programa de medidas encamiñadas á reactivación económica da vila. O presidente do colectivo, José Antonio Gómez recalcou a necesidade de dinamizar o municipio para lograr resultados a nivel económico como os que se constatan en concellos como Porriño ou Mos. Gómez precisaba a necesidade de impulsar o polígono Chan das Pipas para facer atractivo o noso concello a empresas que queren asentarse neste territorio e que a día de hoxe só poden facelo en precario “o que provoca que acaben marchando a municipios limítrofes onde si existen espazos que cumpren os requisitos legais”.O secretario xeral da confederación de Empresarios de Pontevedra, Medardo Arias, tamén presente na xuntanza, facía un chamamento á necesidade de aprobar canto antes o Plan Xeral de Ordenación Municipal “un documento imprescindible para que calquera concello poida crecer”.O alcalde Javier Bas, recollía a petición pero amosaba o seu pesimismo a que o PXOM sexa unha realidade a curto prazo. De feito, as estimación do goberno local falan de que o Plan Xeral non estará listo antes de catro anos.Ante esta carencia, Bas apostou por “non esquecer as vantaxes comparativas que presenta o noso municipio” como o feito de ser un lugar de paso e con gran afluencia de turistas, o que podería favorecer que se creasen un maior número de negocios en torno ao sector turístico como hoteis ou locais de hostalaría.No mesmo sentido se manifestaban dende o BNG. Xoán Carlos González destacaba o prioritario de sacar adiante o PXOM, non só para facilitar o asentamento de empresas senón tamén para mellorar a calidade de vida dos veciños e a súa seguridade á hora de saber onde poden construír e onde non. Dende o Bloque solicitan tamén unha maior promoción turística e cultural do Concello.Unha xuntanza na que houbo representación dos distintos sectores económicos, non así de todos os grupos políticos, xa que non estivo presente ningún representante nin do PSOE nin da Agrupación de Electores.

José Antonio Gómez Asociación de empresarios
Unha situación de desvantaxe económica respecto de concellos limítrofes
Polígono Chan das Pipas
Os empresarios reclaman un parque industrial en Redondela
Javier Bas alcalde de Redondela
O rexedor aposta por promover o turismo
Un PXOM a medio prazo
O Plan Xeral non será unha realidade anttes de 4 anos
Xoan Carlos González BNG
Os nacionalistas apuntan a necesidade do PXOM como prioritaria

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará