Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Evita o cárcere logo de negociar a súa condena por malos tratos e detención ilegal

RR_Noticias

Un veciño de Redondela de nacionalidade colombiana que onte se enfrontaba a unha pena de 8 anos de prisión por un suposto delito de detención ilegal e maltrato contra a súa esposa, logrou evitar o cárcere logo de aceptar unha pena de 160 días de traballos en beneficio da comunidade e dous anos de prisión, que elude ao non contar con antecedentes penais.

O acusado era xulgado onte na Audiencia de Pontevedra por uns feitos que tiveron lugar en febreiro do ano pasado no domicilio que compartía coa súa parella e onde o acusado lle tería propinado á muller vairas patadas e puñadas tal e como recoñeceu na vista.Unha agresión que se repetiría días despois e nesa ocasión ademais dos malos tratos físicos, o imputado pechou a muller nun cuarto, de onde esta non puido saír ata trece horas máis tarde, cando logrou abrir a porta empreñando un desaparafusador.A sentencia inclúe que non poderá achegarse nin comunicarse coa que foi a súa esposa durante oito anos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará