Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Emilio Sánchez Santorio accede á presidencia do Círculo Cultural de Chapela

RR_Noticias

A entidade elixiu nunha apertada votación a candidatura que preside Sánchez Santorio fronte á proposta que lideraba o que ata o de agora era presidente do Círculo, Tomas Lorenzo. Aportar unha maior transparencia e incrementar o número de actividades son os obxectivos que se marca a nova directiva.

Os 78 votos recibidos pola candidatura liderada por Emilio Sánchez Santorio fronte aos 69 acadados pola lista que encabezaba Tomas Lorenzo, permítenlle ao que fora concelleiro popular e membro da directiva do balonmán de Chapela facerse coa presidencia do Círculo Cultural da parroquia.Sanchez Santorio decidiu presentarse logo de que así llelo demandasen numerosos socios que “estaban descontentos coa xestión que estaba desenvolver a directiva anterior” e que levou a que se afastaran de asociación o Colectivo de Mulleres Rurais ou os integrantes da asociación Froles Mareliñas, uns veciños que espera que regresen agora ao Círculo.Entre os obxectivos máis inmediatos da súa xestión, unha vez coñecido o estado das contas da entidade, será tentar aumentar o número de actividades que se organizan dende a sociedade.Con todo, o obxectivo primordial de Emilio Sánchez é, segundo explica, “acabar coa xestión oscurantista” que se viña desenvolvendo nos últimos tempos e reuperar a confianza dos socios “que estaban incómodos e a disgusto”.

Emilio Sánchez Santorio presidente do Círculo
O primordial é coñecer a situación real na que se atopa a sociedade
Socios descontentos
Recuperar a confianza dos socios

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará