Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco mantén o liderado cun empate co Celanova en tempo de desconto

RR_Noticias

Os de Jacobo Montes arrancaron un importante punto no campo de San Rosendo, logo de que o Celanova se adiantase no marcador. Un gol de Gabriel no minuto 93 mantén ós redondeláns no máis alto da Preferente Autonómica. No resto de categorías os equipos locais correron peor sorte, con derrotas do Chapela e Arcade que os sitúan na parte baixa da clasificación en Primeira e Segunda Autonómica, respectivamente.

Preferente AutonómicaSp. Celanova 1-1 Choco O Choco segue a consolidar o seu papel como líder do grupo logo de acadar un importante empate no campo de San Rosendo. Foi un partido con moita intensidade no que os dous porteiros foron protagonistas, con moi boas intervencións tanto de Michi como de cortegoso. Os ourensáns dominaron o encontro na primeira metade, con varias ocasións de gol. Pero houbo que agardar ata o minuto 40 para ver o tanto local, obra de Jorge. No segundo tempo os de Jacobo Montes saíron en busca do gol, e o Celanova tentando sentenciar. Houbo opcións para os dous equipos, pero os locais acusaron o esforzo da primeira parte e ademais viron como o colexiado lle anulaba dous goles por fóra de xogo. Finalmente, e xa en tempo de desconto, Gabriel pechou o partido co gol do empate para o Choco. E defendende o liderado a próxima fin de semana reciben en Santa Mariña ó Tomiño, da parte baixa da táboa.Primeira AutonómicaValadares 3-0 Chapela O Chapela afúndese na parte baixa da táboa logo da derrota en Valadares. O equipo de Juan Casales non foi quen de seguir o ritmo dun Valadares que se presenta moi forte esta temporada. O domingo reciben en Chapela ó Louro, situado tamén na parte baixa da táboa.Segunda AutonómicaVilaboa 3-1 ArcadeO Vilaboa, pechacancelas do grupo, foi superior ó Arcade. Os locais, coas novas fichaxes, plantáronse ben no campo e conseguiron a súa primeira vitoria. O que deixa ós de Jonathan Álvarez en postos de descenso. O domingo terán un rival complicado, reciben ó Mosteiro, equipo que ocupa a 5ª praza do grupo.Terceira AutonómicaChoco B 6-1 Santa MariñaO Choco fixo un espléndido partido, e conseguiu golear ó Santa Mariña, equipo moi forte nesta liga que por mor da derrota perdeu o liderado do grupo. O Choco consolídase na parte alta da táboa, e na próxima xornada xogará no campo do C.Apóstol, situado na metade da clasificación.Chapela B 3-3 C.ApóstolTodo facía pensar que sería un partido moi igualado entre dous rivais que ocupan unha posición semellante, e precisamente esa igualdade foi o que reflectiu o marcador. Co reparto de puntos o filial do Chapela  queda na metade da táboa . A próxima fin de semana xoga no campo do Lavadores, o novo líder do grupo xunto co Coia.At.Vilar 3-2 GuillareyO Atlético de Vilar impúxose ó Guillarey, afundido na parte baixa da táboa. Os redondeláns están agora na metade da clasificación, e a próxima xornada visitan o campo do Vilariño, dous postos por baixo do At.Vilar.Cesantes 2-1 SalcedoO Cesantes segue a ocupar a metade da táboa clasificatoria logo da vitoria sobre o Salcedo. A próxima fin de semana é xornada de descanso para os redondeláns.Praderrei 0-4 Soutomaior Tres goles de Lito e un de Manolo asinaron a goleada do Soutomaior sobre o Praderrei, nun encontro no que os locais non fixeron o seu mellor xogo. O resultado deixa ó Soutomaior aínda máis líder. O domingo recibe ó Santomé, 5º do grupo.Nespereira 2-0 LirénsOs de Pazos superaron ó Liréns e son 5º do seu grupo. O domingo xogarán no campo do Rubiós, da metade baixa da táboa.Fútbol Sala-Autonómica SurRest. Pandiña 5-0 Redondela F.S.Os redondeláns non foron quen de plantar cara ó Rest. Pandiña en Moaña e saíron goleados. A derrota fai caer ós de Nolichi tres posicións na táboa, ata a 9ª praza do grupo. A próxima fin de semana reciben en Redondela ó Poio F.S., un rival que atravesa unha mala situación na parte baixa da táboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará