Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fran Teixeira asume que o derbi coa SAR será un partido “difícil e intenso”

RR_Noticias

O Paraxe Chapela e a SAR Plastic Omnium afrontan o partido do sábado desde situacións radicalmente opostas. Os de Fran Teixeira como cuartos clasificados a tan só dous puntos do liderado, mentres que os redondeláns son os pechacancelas do grupo. Con todo, en Chapela amosan moito “respecto” pola SAR, e asumen que será un encontro “moi complicado” debido á motivación extra que existe dada a rivalidade entre os dous equipos.

O Paraxe Construcións Chapela está a facer unha excelente temporada malia as importantes baixas que acumula o equipo. Cun cadro de xogadores “moi reducido”, os de Fran Teixeira ocupan a cuarta praza do grupo, a tan só dous puntos dos tres primeiros (Ademar, Zamora e Porriño) que están empatados. Na pasada xornada impuxéronse con claridade ó Porriño, cun marcador de 39-31, co que ademais de recortar distancias coa cabeza superan o golaverage da primeira volta co equipo da Louriña. O seu próximo rival é a SAR Plastic Omnium, un interesante derbi que se disputa o sábado na bomboneira e ó que os dous equipos locais chegan en situación radicalmente opostas. Mentres o Paraxe non se despega dos postos de ascenso, os de Pablo Muíños son o equipo pechacancelas. Pero Teixeira non se fía, espera que sexa un partido “complicado” e asegura que o asumen “con moito respecto” polo rival. Lembra o técnico que a SAR acumula importantes baixas, e que aínda que non está a colleitar bos resultados, o seu xogo é bo, con homes “de calidade” como Tito ou Fabián. O adestrador do Paraxe Chapela apunta tamén que neste tipo de derbis sempre hai unha “motivación extra” pola rivalidade que existe entre os dous equipos, polo que os seus xogadores deben estar “centrados ó máximo”. O obxectivo do Paraxe Chapela é seguir sumando puntos para optar ós postos de cabeza. Quedan aínda dez xornadas e na parte alta da táboa a situación está moi igualada. Tan só catro puntos separan ó primeiro clasificado (Ademar) do sétimo (Calvo Xiria). Os de Teixeira teñen o calendario a favor, xa que os seus rivais directos terán que visitar Chapela nesta segunda volta. A cruz do equipo son as baixas, xa que Teixeira só pode contar con sete xogadores titulares do primeiro equipo.

Fran Teixeira adestrador
O técnico augura unha segunda volta moi disputada.
SAR Plastic-Paraxe Chapela
Teixeira amosa respecto polo rival e promete un partido intenso.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará