Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alejandro Otero terá praza propia no Casco urbano

RR_Noticias

O pleno aprobou por unanimidade a moción do PSOE na que solicitaban que a praza situada entre a Rúa de Reveriano Soutullo, a Praza de Ribadavia e Rúa Alfonso XII, pase a chamarse “Praza Alejandro Otero Fernández” en recoñecemento ao ilustre médico nado en Redondela no ano 1888.

Os socialistas lembran a súa importante labor como profesional pero sobre todo como home comprometido persoal e politicamente. O edil do PSOE, Eduardo Reguera, salientaba a obriga moral do noso concello de facerlle un recoñecemento público a un ilustre redondelán “amplamente recoñecido en Granada onde exerceu como médico”.Todos os grupos apoiaron a proposta, aínda que tanto BNG como PP criticaron “o xeito de facer a petición a través dunha moción dunha formación política”. Os populares subliñaban ademais o paradoxo de que logo de tres décadas de goberno socialista en Redondela, o PSOE espere precisamente a solicitar este recoñecemento cando a alcaldía está en mans do PP.

Eduardo Reguera PSOE
Unha figura que merece un recoñecemento público
Cecilia Orge BNG
De acordo co fondo pero non coa forma
Alberto Pazos PP
Subliñaban o irónico de que o recoñecemento se aprobe cando o alcalde é popular

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará