Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello acorda por unanimidade esixir a retirada da peaxe entre Vigo e Redondela

RR_Noticias

Todos os grupos amosaron a súa conformidade cunha moción presentada pola Agrupación de Electores para lle reclamar a Audasa a retirada da peaxe na AP-9, unha taxa que lle supón aos condutores un gasto de 0’75 euros por traxecto. O goberno local solicitará a Fomento a construcción de beirarrúas en Cabanas para incrementar a seguridade vial dos peóns que viven na zona.

Todos os grupos presentes na corporación amosaron a súa conformidade coa moción presentada pola Agrupación de Electores na que solicitaban a supresión da peaxe entre Redondela e Vigo tendo en conta que logo de 30 anos ese tramos da AP-9 está sobradamente amortizado, polo que non hai xustificación algunha para manter unha taxe que lle supón aos condutores un custe de 75 céntimos por viaxe.Na súa moción, AER demandaba que se adecuasen as beirarrúas e os cruzamentos peonís na rotonda da N-552 no barrio de Cabanas xa que segundo apuntan “tal e como está construída dita rotonda debido a defectos de deseño os peóns non teñen ningunha maneira de continuar a súa marcha tanto en dirección Vigo como na contraria ao non estar dotada de beirarrúas, pasos de peóns nin semáforos.Unha petición que non dubidaban en apoiar os concelleiros do Bloque. Xoán Carlos González aproveitaba a súa intervención para criticar a PP e PSOE que pese a ter gobernado tanto na Xunta como no Goberno estatal nada teñen feito por eliminar esa peaxe. Apoiaron a petición de maior seguridade vial en Cabanas pero facían extensible esta petición tamén a Rande, cuxos veciños demandan beirarrúas e semáforos.Dende o PSOE cualificaban de “agravio comparativo” o feito de que os veciños procedentes de O Morrazo non teñan que pagar por usar a autoestrada pero que si o teñan que facer os veciños da nosa vila. Eduardo Reguera lembraba tamén que as queixas pola escasa seguridade vial na contorna da nova rotonda chegaron ata o seu grupo, queixas sobre todo dos que teñen que desprazarse ata o Alto da Encarnación para coller o VITRASA a Vigo. Unha moción que contou tamén co apoio do PP, o edil Alberto Pazos subliñaba que esta discriminación prexudica aos veciños directamente pero tamén ao desenvolvemento económico e turístico. Adiantaba ademais o edil que xa lle solicitaron ao director xeral de Audasa, Andrés Muntaner unha reunión para abordar a liberación da peaxe e unha solución para os ruídos e contaminación que sofren os veciños da parroquia de Chapela.

Jorge Varela "Chopi" AER
A moción solicita a eliminación da peaxe
Seguidade vial en Cabanas
Piden beirarrúas no entorno da rotonda de Cabanas
Xoán Carlos González BNG
Criticas a PP e PSOE por non facer nada cando estaban no goberno
Seguridade vial en Rande
Piden semáforos para as inmediacións do tesouro de Rande
Eduardo Reguera PSOE
Fala de agravio comparativo
Problemas para ir ao Alto da Encarnación
os veiñso qeuixanse porque teñen que cruzar unah rotonda sen beirarrúas para ir coller o autobús
Alberto Pazos PP
O goberno local trasladaralle estas e outras peticións a Audasa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará