Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sar e Chapela prepáranse para o derbi local que se xogará na bomboneira

RR_Noticias

A Sar enfronta este partido dende o peor das situacións posibles, xa que a día de hoxe son os pechacancelas do grupo, logo de caer ante o Lalín por 35-27. O Paraxe Chapela pola súa banda continúa a loitar polos postos de ascenso e mantéñense no cuarto posto da categoría logo dunha nova vitoria ante o Porriño, un encontro disputado en Chapela que rematou co resultado de 39-31.

O Paraxe Chapela continúa loitando polos postos de ascenso e engadindo vitorias que os sitúan no cuarto posto da clasificación. Esta fin de semana lograban superar ao Porriño nun partido disputado na casa e que remataba co resultado de 39 goles a 31, un encontro que presentaba novidades para os anfitrións, xa que Lloira debutada na portería.E no caso contrario atopamos a Sar que na súa visita a Lalín non eran quen de lograr unha vitoria. Caían por 35 goles a 27, unha derrota que condena aos de Redondela ao último posto da clasificación e cun futuro moi negro de cara a pelexar por manter a categoría.Na próxima semana temos derbi local. Será na bomboneira coa visita do Paraxe Chapela, un encontro que os dous equipos afrontan de xeito ben diferente, dadas as circunstancias particulares polas que atravesan cada un dos clubs.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará