Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tres novos axentes reforzan o servicio da Policía Local de Redondela

RR_Noticias

Logo de ter completado o proceso de selección e formación, tres novos axentes veñen de sumarse ao cadro de persoal da policía local de Redondela, que pasa de 26 a 29 axentes. Antes de concluír o ano está previsto que se sume un novo axente ao servicio.

A día de hoxe son 29 os axentes que integran o corpo da policía local en Redondela, logo de que nos últimos días se sumasen ao servicio tres novos axentes. O obxectivo é concluír o ano con 30 efectivos.O concelleiro de interior e responsable da policía local, Arturo González, entende que estas novas incorporacións permitirán incrementar a seguridade cidadá logo de que nos últimos tempos se observase un incremento no número de asaltos e roubos en diferentes establecementos do municipio. O máis recente esta mesma fin de semana cando un ladrón entraba no taller de reparación de vehículo Fonte do Mouro en Santa Mariña.González entende que as novas medidas adoptadas polo departamento “para optimizar recursos” e o incremento do cadro de persoal traducirase nunha mellora no servizo.Con todo, o edil de tráfico tamén subliña que a loita contra a delincuencia ten que facerse co recursos existentes “que son limitados porque o presuposto non da máis de si” aínda que se compensa “co elevado compromiso do Corpo”.

Arturo González edil de Interior
O concelleiro confía en que as novas incorporacións incrementen a efectividade do servizo
Elevado compromiso
A falta de recursos compénsase coa profesionalidade do corpo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará