Hoxe é Mércores 1 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tok presenta o seu primeiro disco en Diva

RR_Noticias

A agrupación redondelá presenta este venres na discoteca Diva a súa maqueta que leva por nome “Suerte”. O concerto será o día 13 ás 22:30 horas. O prezo da entrada é de 3 euros. Con seis euros os asistentes poderán asistir a actuación e levarse o CD.

A agrupación musical naceu no ano 2007 co gallo do festival Lixo Rock. O obxectivo dos seus compoñentes era renderlle tributo ao mítico grupo redondelán dos anos 80 “Tres bajo cero”.  O que nun principio era unha unión temporal acabou converténdose nun conxunto estable que logo de varios concertos decide reunir un total de nove temas para dar contido a un disco que sae á luz baixo o título “Suerte”.O disco está dividido en dúas parte, unha en acústico e outra en eléctrico. En total nove temas, sete de autoría propia e os dous restantes recuperados do repertorio dos seus referentes: “Élla” e “no me acuerdo ya”.Un disco que dedican entre outros, “á memoria de Nito e Santi e a de toda a xeración de tolos e soñadores que nos abriron os camiños da liberdade (e a libertinaxe) deixándose, en moitos casos, a pel no intento”.

Pedro Pérez TOk
Os seus inicios remóntanse a un festival do Lixo Rock
Rafa Cadilla TOK
Temas propios e de Tres bajo cero
Ella
Un tema quee Tok fai seu neste disco lembrando a Tres bajo cero

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará