Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os empresarios do téxtil demándanlle a Javier Guerra novos sistemas de financiamento

RR_Noticias

Apreman á creación de novas vías financeiras que lles permitan manter o tecido empresarial no concello. O conselleiro de industria salientou, logo do almorzo mantido na mañá de hoxe cos diversos sectores implicados, os esforzos dos empresarios de Redondela por ser competitivos a nivel internacional.

O responsable do departamento de industria, Javier Guerra, comprometeuse co concello e cos empresarios e comerciantes a estudar as súas demandas que pasan por crear sistemas de financiamento abertos que faciliten o labor dos empresarios do sector.Guerra animou aos responsables das empresas locais a promover a formación pero indo máis aló, isto é, sen esquecer a necesidade de formar traballadores para as diferentes fases da elaboración do producto poñer o acento nos profesionais da venta. Apuntaba o conselleiro que “nun mercado como o actual, amplamente internacionalizado, cómpre buscar técnicos de comercialización para a venda do produto”, é dicir, xente que manexe as novas tecnoloxías e as vendas en Internet axeitadamente. Unha necesidade urxente nun mercado que vai “a velocidade de vértigo”. O conselleiro adiantou tamén o obxectivo do seu departamento e do goberno galego de impulsar o selo Galicia Calidade que permitan identificar a nivel internacional os productos elaborados en Galicia como sinónimo de “boa producción”.A xuntanza tivo lugar na mañá de hoxe na Casa da Cultura. Asistiron á mesma ademais de diferentes empresarios do sector téxtil membros da corporación encabezados polo alcalde, Javier Bas e a concelleira de economía e facenda, Ana Mª Alonso, xunto co presidente da asociación de empresarios José Antonio Gómez.

Javier Guerra conselleiro de industria
Establecer mecanismos de internacionalización e de financiamento
Formación en ventas
Necesidade de contar con especialistas en técnicas de venta tamén a través de Internet
Marca Galicia
Impulsar o Galicia Calidade para que os novos productos se identifiquen coa boa producción

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará