Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tres feridos, un de carácter grave, nun accidente en Rande

RR_Noticias

A colisión producíase pasadas as seis da tarde de onte na N-552 entre Vigo e Redondela á altura de Cabanas. O accidente colapsaba o tráfico durante 20 minutos. A normalidade recuperábase ás oito da tarde logo de que os tres vehículos implicados foran retirados da calzada.

O sinistro, que deixaba un ferido grave e dous leves, producíase pasadas as seis da tarde de onte cando por causas que se descoñecen colidían un camión Mercedes e unha furgoneta Citroen Berlingo. Foi o ocupante desta furgoneta o que resultaba ferido de carácter grave. Outro vehículo, un Opel Astra que circulaba detrás do camión, non foi quen de esquivalo e tamén se viu implicado no accidente. Os dous ocupantes deste turismo resultaron tamén feridos, neste caso de carácter leve, sendo trasladados en ambulancia a un centro hospitalario de Vigo, do mesmo xeito que o condutor da furgoneta.Ademais dos feridos, o accidente provocou importantes retencións na N-552, que se viu completamente colapsada durante vinte minutos ata que se puido liberar un dos carrís para permitir o paso da circulación. Con todo, as retencións prolongáronse ata a oito da

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará