Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cada dous días un redondelán queda sen traballo

RR_Noticias

Os datos son contundentes. Redondela comezaba o pasado ano con 2.721 desempregados e despedía o 2011 con 2.919 persoas inscritas nas listas do INEM. Foron 198 as altas que se produciron ao longo dun ano especialmente duro en canto ao emprego se refire. Na nosa comarca a día de hoxe son 4.526 as persoas que están a espera de lograr un contrato de traballo.

O mes de decembro deixa cifras pouco optimistas en canto á evolución do mercado laboral. Aínda que o comportamento do emprego non foi especialmente negativo, si se constata que a nosa contorna segue sen crear postos de traballo. Todos os concello da nosa área experimentaron un pequeno incremento encanto ao número de persoas anotadas nas listas do paro, cun total de 22 novos desempregados se sumamos os concellos de Redondela, Soutomaior, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes.No caso concreto de Redondela perdéronse un total de 8 empregos netos no mes de decembro, situándose así a cifra total en 2.919 parados. Mínima variación tamén en Soutomaior onde o paro se sitúa en 910 persoas, seis máis que no mes anterior. Mesmo incremento en Fornelos que actualmente conta con 265 persoas desempregadas mentres que en Pazos o cómputo total deixa 432 persoas paradas, dous máis que no mes de novembro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará