Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vimar faise co primeiro premio no concurso de escaparates

RR_Noticias

A decoración elixida polo comercio de roupa que se atopa na rúa Xeneral Rubín fíxolle merecedor do primeiro premio do concurso O Noso Vende dotado con 150 € en metálico e un paquete de 300 € en cuñas na Radio Municipal de Redondela. Os outros premiados son a tenda de decoración Candil e a librería Moliere.

O Servizo de Normalización Lingüística en colaboración coa Asociación de Empresarios de Redondela elixiu os escaparates destes tres comercios entre os nove establecementos inscritos que cumpriron as bases da convocatoria. O xurado destaca a coidada decoración incluída nos seus escaparates co gallo da período de Nadal amais de ter incluído algún lema específico en lingua galega. Todos os participantes serán agasallados con cuñas publicitarias en Radio Redondela e os tres primeiros clasificados percibirán ademais cantidades en metálico de 300, 200 e 100 euros.Con este concurso o servicio de Normalización inicia un programa de dinamización lingüística do comercio que se desenvolverá durante todo o 2012 baixo o nome O noso vende! que ten por obxectivo promover o uso do noso idioma neste sector económico.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará