Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Acto homenaxe a Castelao no aniversario do seu pasamento

RR_Noticias

A Alameda de Redondela é o lugar elixido pola FPG para conmemorar o aniversario do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, cun acto aberto a toda a veciñanza que terá lugar o sábado día 7 ás 17:00 horas.

A formación política non quere deixar pasar este 7 de xaneiro sen lembrar a figura e obra do insigne nacionalista, escritor e caricaturista que falecía en Bos Aires no ano 1950. Co gallo desta data, convocan a todos os veciños a participar dun acto que terá lugar na Alameda de Redondela ante a estatua do propio Castelao e onde se lerán textos da súa autoría así como doutros destacados escritores galegos. Non faltará a música e os poemas musicados.Unha actividade que segundo explicaba o voceiro da FPG, Alberto Covelo, terá un importante contido político “xa que reivindicar a Castelao é sempre un acto político” pero que quere ser un “acto apartidario” para dar cabida a todos os que queiran achegarse.

Alberto Covelo FPG
Un acto que terá lugar o sábado ás 17:00 horas
Acto aberto
Un acto político pero apartidario

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará