Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Cabalgata de Reis pecha hoxe o tráfico no centro urbano ás sete da tarde

RR_Noticias

Catro carrozas tiradas por criaturas mariñas acompañarán aos Reis magos nun percorrido que partirá ás 19:00 horas dende o Convento de Vilavella. Repartiranse 1.500 kilos de caramelos sen gluten. En Chapela a cabalgata será un pouco máis madrugadora e partirá ás 18:30 horas dende o Alto de Encarnación.

Os reis magos partirán ás 19:00 horas dende o convento de Vilavella para percorrer o centro urbano polas rúas principais: Pai Crespo, José Regojo, Alfonso XII, Rúa Ribeira e Xeneral Rubín onde dará a volta para regresar ao punto de partida. No seu percorrido, as Súas Maxestades repartirán caramelos a grandes e cativos, en total 1.500 kilos de doces sen gluten aptos tamén para os celíacos.Pero os mais pequenos teñen tamén unha mañá chea de emocións no Pavillón de deportes, onde dende as 10 e ata as 13:00 horas poderán gozar con diferentes actividades que inclúen inchables e obradoiros de globoflexia e maquillaxe.Cablagatas nas parroquiasEn chapela os reis Magos serán máis madrugadores. Partirán dende o Alto da Encarnación ás 18:30 horas en dirección ao Círculo Cultural Recreativo da parroquia onde recibirán aos cativos. Xa pola noite a cita é para os maiores coa celebración dun Baile de Reis a partir das 00:30 horas coa actuación da Orquestra Hiroshima no baixo do círculo recreativo e sesión de discoteca no Auditorio.En Cedeira a cabalgata percorrerá a rúa principal dende o cruce coa N-552 ata o Centro Cultural, A chega está prevista ás seis da tarde con caramelos e agasallos para os cativos.Tamén en Arcade a programación elaborada dende a Concellería de cultura inclúe un acto no multiusos da localidade onde a partir das 16:30 haberá un espectáculo de maxia a cargo do Chrystian Magic.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará