Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os políticos conxelan os seus salarios no 2012

RR_Noticias

A decisión adoptouse no pleno municipal celebrado onde logo de que así o solicitase a Agrupación de Electores. Os votos a favor de PSOE, BNG e AER fixeron posible tamén que se aprobara un incremento lineal e non porcentual dos salarios en vindeiros exercicios.

A petición de AER facía referencia aos axustes que o goberno de Mariano Rajoy vai aplicar tanto ao salario mínimo interprofesional como ás nóminas dos funcionarios. Jorge Varela explicaba que non sería xusto que os políticos non se aplicaran eses mesmos axustes polo que se debería tomar como referencia os Orzamentos do Estado. Pero a proposta ía máis aló, xa que ademais de promover unha conxelación de salarios no 2012 tamén defendía un cambio nos aumentos a aplicar en vindeiros anos. Así, AER solicitaba na súa proposta que o incremento sexa porcentual e non lineal, é dicir, que se suba a todos os membros da corporación a mesma cantidade que se aplique aos concelleiros sen responsabilidade de goberno, para non incrementar as diferenzas entre os que máis cobran e os que menos perciben polo seu labor político.Unha proposta que contou tanto co apoio do BNG como do PSOE. Cecilia Pérez defendía a moción por tratase de “medidas lóxicas” e no mesmo sentido se manifestou Luís Orge quen avogaba porque a conxelación se fixera efectiva de inmediato e sen esperar aos Orzamentos do estado.O PP amosábase disposto a apoiar unha conxelación das retribucións de todos os concelleiros, pero decidiron absterse na votación por entender que era inxusto que se aplicase a mesma suba a un edil con responsablidades de goberno que a un concelleiro da oposición “xa que o traballo desenvolto e o tempo dedicado á función política” non é o mesmo.Finalmente a proposta saíu adiante ao votar conxuntamente todos os membros da oposición.

Jorge Varela Chopi AER
A moción de AER pedía modificacións nas subas dos salarios
Cecilia Pérez BNG
Os nacionalistas apoiaron a proposta
Luis Orge PSOE
Os socialistas amosaron tamén o seu apoio
Alberto Pazos PP
Os populares cualifican de "inxusto" o incremento lineal e non porcentual

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará