Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP acusa aos socialistas de querer sacar “tallada política” do erro dun funcionario

RR_Noticias

O erro do traballador municipal provocou a perda dunha subvención da Deputación. Os socialistas entenden que a responsabilidade recae en parte no deputado e edil popular Alberto pazos “por non ter seguido a tramitación” e o PP os acusan de querer sacar tallada do desacerto do traballador.

A petición do PSOE para que o alcalde dese explicacións sobre a perda dunha subvención para o conservatorio Víctor Ureña de Redondela deu lugar a un tenso debate.Javier Bas recoñeceu que a perda de dita achega, procedente da Deputación, debeuse a un erro administrativo dun funcionario que só tramitou a axuda para a escola de música e non para o conservatorio.Logo desta explicación aproveitou para acusar aos socialistas de intentar sacar tallada política do desatino dun traballador municipal e engadiu que grazas as xestións desenvolvidas polo voceiro do PP en Redondela e tamén deputado, Alberto Pazos, puido recuperarse a subvención perdida xa que o organismo provincial finalmente si outorgará 15.000 euros ao centro de música.Por alusións participou tamén do debate o deputado e edil socialista, Eduardo Reguera, quen acusou a Pazos de “deixadez de funcións” por non seguir a tramitación da solicitude.

Luis Orge PSOE
O socialista pedía explicaións sobre o acontecido cunha axuda
Javier Bas PSOE
Explica que foi un erro dun traballador
Subvención de 15.000 euros
O alcalde aseguraba que o problema está solventado e criticaba o comportamento dos socialistas
Eduardo Reguera PSOE
O deputado e edil socialsita criticaba ao seu homólogo Alberto Pazos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará