Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A maioría dos redondeláns pensan que a economía seguirá igual ou irá a peor en 2012

RR_Noticias

Malia o cambio de Goberno, a maioría dos veciños teñen poucas esperanzas de que a actual situación de crise mellore nos próximos meses. En xeral os cidadáns de Redondela pensan que a economía vai seguirá igual, ou mesmo que empeorará no 2012. E temen que os axustes que porá en práctica o executivo popular afectarán, sobre todo, ás clases máis desfavorecidas, con recortes na sanidade e no ensino públicos.

As malas perspectivas económicas dos organismos oficiais e dos expertos para o próximo ano 2012 teñen tamén o seu reflexo na sociedade redondelá. O propio goberno anunciou que entraremos en recesión, un dato que avalan todos os economistas. Ese sentimento de pesimismo é patente na sociedade. Radio Redondela estivo na rúas da vila, e queda comprobado que, pese ao cambio de Goberno, a maioría dos veciños teñen poucas esperanzas de que se produza un milagre nos próximos meses. A maioría pensan que a situación de crise “seguirá igual”, ou mesmo que “empeorará” no 2012, sobre todo para as clases máis desfavorecidas. Carlos é dos que pensan que “non haberá moita melloría”, e que a recuperación virá marcada polo que aconteza “a nivel da UE”. A cidadanía coincide en que “haberá que agardar” para coñecer os plans do novo goberno, pero teñen bastante claro que os axustes do Executivo de Rajoy afectarán “á clase traballadora” e ós colectivos “máis desfavoridos”, con recortes en departamentos como Sanidade e Educación. Algúns, como Nao, están “convencidos” de que haberá copago sanitario. Marcos e Cecilia auguran que partidas como sanidade e educación serán “as máis prexudicadas”, e lamentan que o Estado non reduza o gasto noutros departamentos, como Defensa. Tamén hai lugar para a esperanza, e atopamos a un veciño que se amosa máis optimista co ano que vai comezar. Trátase de Said, un inmigrante marroquí que esta convencido de que o 2012 “vai ser mellor” para el e para os estranxeiros en xeral, xa que confía en que haxa máis traballo “para todos”. Ogallá que así sexa!  

Pesimismo para 2012
Os veciños entenden que a crise empeorará o próximo ano.
Recortes sociais
Marcos e Celia pensan que os axustes do goberno afectarán ós servizos sociais.
Copago sanitario
Para Nao é un feito que haberá recortes en Sanidade e que se implantará o copagamento.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará