Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As acusacións de vender “postos de traballo a cambio de votos” chegan ao pleno

RR_Noticias

A Agrupación de Electores de Redondela (AER) demanda explicacións sobre as acusacións vertidas pola voceira do BNG, Cecilia Pérez Orge no debate electoral organizado por Radio Redondela e celebrado días antes dos comicios municipais de maio. No transcurso daquel debate a candidata do Bloque acusara ao popular Javier Bas de “ofrecer postos de traballo a cambio de votos”.

Unhas acusacións que AER entende que son de moita gravidade ao poñer en dúbida o comportamento e as maneiras de actuar do entón cabeza de lista do PP e hoxe alcalde. Por este motivo, solicitan ao rexedor que explique se adoptou algunha medida ante ditas acusación e engaden que a cidadanía precisa dunha explicación xa que “ou ben alguén se aproveitou da súa posición para negociar votos por favores, ou alguén utilizou a mentira e intentou enganar ao pobo de maneira sucia para conseguir intereses electorais. Mellora da N-555 Non será este o único tema que presente esta agrupación no pleno de mañá. Nunha das súas propostas solicitan ao goberno local que esixa ao Ministerio de Fomento o acondicionamento e mellora da N-555. Concretamente reclaman a construcción de beirarrúas para evitar que os peóns que discorren por esta estrada que comunica Redondela con Peinador se xoguen a vida “ante a alta densidade de tráfico que soporta a vía e que viu incrementado co aumento de vehículos pesados pro mor das obras do AVE. Solicitan tamén que se instale un paso de peóns na rotonda de intersección da N-550 coa N-555 para facilitar o cruce dos viandantes.  

Noe Cano Agrupación de electores
Explica o motivo da pregunta que van trasladar mañá ao pleno
Acusacións no debate electoral
Escoitamos o momento no que Cecilia Pérez acusa a Javier Bas de "vender postos de traballo"
Mellora na N-555
Solicitan dende AER o acondicionamento desta estrada

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará