Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Identificadas tres mulleres cando tentaban roubar nun supermercado

RR_Noticias

Os feitos producíronse sobre a unha da tarde cando unha das traballadoras do supermercado Eroski de Redondela decatouse de que tres mulleres que deambulaban polos corredores do comercio cun carro de bebé, empregaban este vehículo para esconder diferentes produtos que collían dos estantes.

Unha vez na caixa tentaron pasar sen abonar o importe dos mesmos, que ían agochados dentro do carro, polo que a dependenta decidiu chamar a policía local. Unha vez no lugar os axentes identificaron ás tres mulleres, todas elas de etnia xitana. Unha vez se tramite a denuncia as imputadas deberán enfrontarse a un xuízo de faltas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará