Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Agasallar produtos de comercio xusto

RR_Noticias

O abano de posibilidades é amplo e variado e non necesariamente caro. Falamos das propostas que nos deixa a tenda virtual redondelacomercioxusto.bolgspot, que se presenta oficialmente esta tarde no local Discotasca a partir das 19:00 horas.

Unha tenda virtual na que podemos atopar productos que van dende a alimentación ecolóxica ata diferentes artigos como billeteiras ou mochilas. Produtos artesanais de comercio xusto que se poderán ver na presentación-degustación que terá lugar esta tarde a partir das sete na Discotasca. Nesta presentación coñeceranse algúns dos alimentos que oferta esta tenda a través de Internet como cervexas ecolóxicas, de palma, de quinua, de mango ou plátano e haberá unha degustación de galletas, pasta e cuscús. A promotora da idea, Rosana Alonso, convídanos a agasallar este tipo de produtos que promoven un comercio máis xusto pero que tamén nos permiten facer regalos diferentes e orixinais sen ter que gastar moito máis. Un abano de posibilidades amplo que inclúe por exemplo unha selección de chocolates, un lote de infusións, un pack variado de cervexas para os amantes desta bebida abertos a probar novos sabores ou un lote de incensos variados para relaxarse e gozar dos aromas.    

Rosana Alonso tenda de comercio xusto
A presentación será esta tarde a Discotasca
Agasallos diferentes
Con dez euros podemos facer regalos orixinais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará