Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A mascota da vila xa ten nome: “A Coca Simona”

RR_Noticias

A humanizada mascota ideada polo ilustrador Pepe Carreiro a partir da imaxe do tradicional dragón local foi “bautizada” na mañá de hoxe como a Coca Simona. Previamente o xurado, formado por representantes do goberno local e da asociación de empresarios, tivo que sopesar a idoneidade dos máis de 400 nomes propostos polos cativos que participaron do concurso.

A técnica da Asociación de empresarios, Julia Alonso explicaba que de entre todas as propostas optouse pola de Gabriel López, A Coca Simona, “pola súa significación ao reunir referencias ao símbolo tradicional da vila así como á emblemática Illa de San Simón”. A presentación do nome fíxose pública na mañá de hoxe, nunha xornada na que nenos e nenas participaron de xogos e obradoiros que se desenvolveron no Multiusos da Xunqueira. Unhas actividades que viviron o seu momento álxido cando un figurante convertido nunha verde Coca Simona saíu ao escenario para goce dos cativos. A simpática mascota percorrerá esta tarde as rúas da vila e farase habitual en todas aquelas actividades orientadas ao público infantil. Unha imaxe que pretende converterse nun símbolo pero que non nace exento de polémica logo de que o grupo municipal do PSOE, a través do ser voceiro, Eduardo Reguera, criticase a ausencia dun concurso público para a súa creación.  

Julia Alonso Asociación de empresarios
A Coca Simona

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará