Hoxe é Venres 27 de Novembro de 2020

Ava Gadner no Multiusos da Xunqueira

RR_Noticias

O Colectivo Despiste organiza a proxección da película “La noche que no acaba” de Isaki Lacuesta no Multiusos de Redondela o martes ás 20:30 horas. A sesión contará coa presenza da redondelá Diana Toucedo, montadora do filme, un traballo que lle mereceu ser candidata aos Goya.

O Colectivo Despiste propón unha tarde noite de cine con protagonismo para a actriz Ava Gadner. O martes ás 20:30 horas proxectan no Multiusos a película “La noche que no acaba”, filme baseado no libro “Beberse la vida” do escritor e crítico Marcos Ordoñez.  O director catalán Isaki Lacuesta constrúe unha narración a través dun xogo de olladas entre dous momentos que definen a relación da actriz Ava Gadner coa España da segunda metade do século XX. Logo da proxección contarase coa presenza de Diana Toucedo, editora do filme, quen explicará o proceso de montaxe do mesmo. Diana Toucedo é unha cineasta redondelá afincada en Barcelona. Por este traballo “La noche que no acaba”, Toucedo ven de ser candidata na categoría da mellor montaxe aos Goya, os premios do cinema español. O seu traballo foi, tamén, candidato aos Gaudi, que premian o mellor da produción cinematográfica en Cataluña.
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *