Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Lendo a Lenda preséntase cunha campaña de animación á poesía

RR_Noticias

Esta campaña consiste en colgar poemas escritos polos usuarios de Lenda en varias cafeterías de Redondela co obxectivo de que as persoas que estean tomando algo nestes locais de hostalaría descolguen un poema, o lean e o leven.

Un xeito de animar á lectura da poesía ao que se poden achegar os clientes dos locais O Café da Vila, O Escondidiño, O Café Royalty e a Tenda de Candelaria. Esta é a primeira acción da recen nacida asociación cultural Lendo a lenda, que veñen de poñer en marcha os usuarios da Asociación de axuda ao enfermo mental e que naceu  como unha iniciativa das persoas que se encargan da elaboración da revista A voz de lenda para seguir afondando en aspectos culturais.  

José Luis Ezama Lendo a Lenda
A primeira inciativa xira en torno á poesía
Jaime Figueroa monitor de Lenda
Fálanos da asociación cultural

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará