Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un lume nun deshumidificador mobiliza aos bombeiros

RR_Noticias

Os feitos producíronse ás 9:45 da mañá de hoxe cando varios veciños da rúa Cabo dos Fumeiros, máis coñecida popularmente como a rúa dos canastros, alertaron do fume que saída dun dos edificios. O lume foi rapidamente sufocado e todo quedou nun susto sen que haxa que lamentar danos de relevancia.

Todo facía pensar nun lume de grandes dimensións pola cantidade de fume que saída dunha das fiestras dun edificio, motivo polo que se mobilizaron axentes da Policía Local e nacional así como os bombeiros de Vigo. Sen embargo, segundo explicaron dende a Policía Local o incendio foi rapidamente sufocado sen que fora necesaria a intervención dos bombeiros e tan só afectou ao electrodoméstico incendiado e a parte da habitación na que se atopaba o deshumidificador cando prendeu lume.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará