Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Club de remo de Chapela sae á rúa para demandar as novas instalacións

RR_Noticias

Esgotada a paciencia, os membros do club de remo teñen previsto saír á rúa mañá xoves pola tarde. Concentraranse diante do concello ás 19:30, tal e como se aprobara en asamblea na pasada fin de semana, co obxectivo de protestar pola precaria situación na que se atopan os remeiros logo dun ano empregando unhas casetas de obra como vestiarios e á espera de poder usar as novas instalacións nos baixos da piscina de Chapela.

Julio Prado, vicepresidente do club, explica que logo de meses de espera e de promesas e boas palabras non se produciron avances substanciais, xa que seguen sen poder conectar as máquinas de auga quente e a ventilación das instalacións nos baixos do novo edificio da piscina, o que lles obriga a seguir usando as que eran duchas provisionais pero que co paso do tempo se converteron en permanentes. Unha precariedade que levou a varios remeiros a anunciar a súa intención de abandonar o club, o que deixa a esta entidade en moi mala situación de cara ao inicio da tempada en febreiro. Unha situación que cualifican de desespérante motivo polo que acordaron iniciar un calendario de mobilización que, de non producirse un acordo de última hora, arrancará cunha concentración diante do concello o xoves ás 19:30 horas. Dende a directiva critican ademais que o novo goberno se negue a respectar os compromisos do anterior executivo e que os eximía de pagar as facturas da auga, ao asumir este custe a propia empresa concesionaria por tratarse dun servicio a un edificio municipal. Sen embargo, o goberno que preside Javier Bas xa lles comunicou que terán que pagar esas facturas,  un desembolso económico de 120 euros mensuais que dende o club de remo aseguran non poder asumir.  

Julio Prado Club de remo
A concentración será o xoves ás 20:00 horas
Situación actual
Sen avances nos últimos meses
Condicións negociadas
O novo goberno non respecta o preacordo existente do anterior mandato

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará