Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Saxamonde ofrece un amplo programa de Nadal

RR_Noticias

O Centro Cultural de Chan das Pipas organiza diferentes actividades durante as Festas do Nadal para todos os públicos, con especial atención aos cativos que contarán con proxeccións cinematográficas e obradoiros de manualidades e arqueoloxía. Convocan tamén os veciños a participar da festa de fin de ano onde non faltará a música, o karaoke e a diversión para entrar no 2012 con bo pe.

O Centro Social Deportivo e Cultural “Chan das Pipas” de Saxamonde ten preparado unha Programación Especial de Nadal destinada, sobre todo, aos máis pequenos. Durante o período non lectivo, o Centro Cultural será escenario para a proxección películas, manualidades diversas, festa de Fin de Ano, obradoiros de arqueoloxía e os ensaios para a o tradicional Canto de Reis (abertos a todos os nenos e nenas que queiran participar).
As actividades para os cativos arrancan o vindeiro martes día 27 cun taller de manualidades con revistas que se desenvolverá na sede do centro cultural en horario de 17:00 a 19:30 horas. Tamén os nenos serán os protagonistas da proxección cinematográfica do venres 30 ás 18:00 horas.
Xa no vindeiro ano o día 3 celebrarase un obradoiro de manualidades con pedras e ao día seguinte os maiores de 8 anos poderán participar dun  obradoiro de Arqueoloxía no Castelo de Soutomaior.
Tamén durante todo o Nadal os que así o desexen poderán participar dos preparativos dos Cantos de Reis que culminarán cun percorrido pola parroquia o día 6 de xaneiro ás 9:45 horas.
E exclusivamente para os maiores, o Centro Cultural prepara unha noite de música, karaoke e diversión para recibir o novo ano.  
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará