Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O “rasca e gaña” anima os veciños de Soutomaior a mercar no comercio local

RR_Noticias

A Asociación de Empresarios de Arcade invita a todos os seus asociados a participar da campaña de promoción Rasca e Gaña que repartirá entre os clientes un total de 40 premios. O obxectivo é premiar a fidelidade dos veciños e evitar que se despracen a centros comerciais ou localidades veciñas a facer as súas compras.  

Esta campaña, que conta co apoio da Federación de Comercio de Pontevedra, levarase a cabo en decembro e xaneiro. Os clientes ao rascaren as tarxetas poderán atopar cheques regalo de 50 euros, botellas de viño ou outros agasallos como ceas nos restaurantes da zona. Un xeito de fidelizar aos clientes nun período complexo pola crise. Unha situación de crise que ao entender do presidente da Asociación de empresarios de Arcade -Sotuomaior, Andrés Cal, está dertás dos roubos e actos delictivos que se produciron nas últimas semanas no municipio. Foi sore todo no mes de novembro cando foron asaltados varios locais da zona, algún delees “a punta de pistola” o que levou a esta asoiación a demandar un icnremento da presenza policial como medida disuasoria. Unha demanda que xa lle trasladaron ao alcalde e que parece esá a ser efeciva.  

Andrés Cal Asociación de empresarios Arcade
Unha campaña para evitar que os clientes marchen do concello
Premios do rasca e gaña
Hai vales de compra ceas e botellas de viño entre outros agasallos
Presenza policial e seguridade
A asoicación xa lel demandou ao concello maior presenza policial polos últimos roubos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará