Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco despide o ano como líder logo dunha xornada con abundantes vitorias locais

RR_Noticias

Un empate co Arousa sen goles permite ós de Jacobo Montes vivir o descanso de Nadal como primeiros clasificados. Tamén empataba onte o Chapela co Gondomar, aínda que neste caso os redondeláns deixaron escapar dous puntos nos últimos minutos. Na Terceira Autonómica gañaron todos os equipos locais, agás o Cesantes, que acadou un meritorio empate no derbi disputado en Soutomaior.

Preferente Autonómica

Choco 0-0 Arousa
Foi o primeiro partido desta liga no que o Choco non conseguiu gañar en Santa Mariña, pero o empate sérvelle ós de Jacobo Montes para seguir liderando a clasificación. Foi un partido moi equilibrado, no que os dous rivais demostraron terse moito respecto, e case non houbo chegadas ás áreas. O Choco tivo algunha ocasión, pero a falta de puntería ou a boa actuación do porteiro Jorge fixeron imposible que o tanto chegara ó marcador. O Arousa tivo tamén algunha opción nas contras, pero tampouco puideron culminar en gol. Os redondeláns gozarán dun merecido descanso nestas festas de Nadal e Aninovo. A competición retomarase o 7 de xaneiro, será cando xoguen no campo do Barbadás, 6º clasificado.
Primeira Autonómica
Chapela 3-3 Gondomar
Os de Chapela deixaron escapar dous puntos en tempo de desconto. O equipo redondelán comezara mal o partido, xa que o Gondomar anotou o primeiro gol do encontro no minuto 1, obra de Silvio. Pero os de Moisés Calvar déronlle a volta ó marcador. Primeiro empatou Jonás, logo adiantou ó Chapela Iván, e de novo Jonás semellaba que tiña sentenciado o encontro co 3-1, a 25 minutos de rematar o partido. Pero os visitantes non se rendían, e Manu a falta de 8 minutos acadaba o 3-2. Xa en tempo de desconto Tizón dáballe o empate. O Chapera chega ó descanso de Nadal na metade baixa da táboa, e retomará a competición en xaneiro no campo do Guardés, un posto por baixo deles.
Segunda Autonómica
Caldas 4-0 Arcade
O Arcade continúa en postos baixos da clasificación logo da derrota por goleada no campo do Caldas, un dos conxuntos máis fortes desta liga. Á volta do descanso de Nadal recibirán ó Marín.
Terceita Autonómica
Choco B 2-1 San Esteban
Bo partido, no que os visitantes comezaron dominando, aínda que foi o filial do Choco o que se impuxo na segunda metade, sendo moi superior ó San Esteban. O Choco queda na 6ª praza, e logo do descanso das festas volve á competición en xaneiro para xogar no campo do Pereiró, da metade baixa da táboa.
Chapela 3-2 Pereiró
O Chapela foi superior ó equipo vigués, e mellora posicións na táboa para situarse na metade da clasificación. En xaneiro volven á competición para xogar no campo do Casablanca, da metade baixa da táboa.
At. Vilar 2-1 Sanguiñeda
A vitoria do Vilar serve para modificar as posicións na parte baixa da táboa, os tres puntos serven para escalar algunhas prazas, e xa adianta ós de Mos. Logo do descanso destas festas xogarán no campo do Vincios, situado tamén na parte baixa da táboa.
Soutomaior 2-2 Cesantes
Reparto de puntos no derbi comarcal, no que houbo moito equilibrio entre os dous equipos. O empate mantén o Soutomaior de líder, posto que comparte agora co Sampaio. O Cesantes ocupa a 8ª praza. Logo das vacacións de Nadal o Cesantes recibe ó Presqueiras, o pechacancelas, e o Soutomaior xogará no campo do Moaña B.
Nespereira 0-2 Juvenil
Os de Pazos conservan a 5ª praza malia a derrota. Na próxima xornada, en xaneiro, xogarán no campo do Cumiar.
Futbol Sala- Autonómica Sur
Erihkrause As Pedriñas 3-2 Redondela F.S.
Os de Noli non puideron cun duro rival, aínda que na segunda metade remontaron a diferenza inicial, pero non forno quen de acadar o empate cos vigueses. O resultado déixaos na 11ª praza do grupo. Logo do descanso de Nadal recibirán en Redondela ó Muebles Andrade, 4º do grupo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará