Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG solicita información sobre as axudas municipais ás ANPAs

RR_Noticias

Recláman que se convoque de xeito urxente a Comisión Municipal de Ensino para que se dea conta dos motivos que levaron á non publicación polo de agora das axudas para actividades de ANPAs. Solicitan ao goberno local que defina os criterios que vai seguir para a vindeira convocatoria, a contía á que ascenderá a partida destinada a estas asociacións e o procedemento que deben seguir os interesados para poder acceder as mesmas.

Dende o bloque lembran que no últimos cursos escolares o concello de Redondela viña prestando colaboración, axuda e asesoramento a través de diversas iniciativas aos diferentes estamentos da comunidade educativa. Unha delas consistía na convocatoria pública de axudas económicas ás actividades desenvolvidas polas Asociacións de Nais e Pais dos centros públicos de educación infantil e primaria. Na última convocatoria dedicáronse a esta partida orzamentaria doce mil euros para actividades extraescolares, e dez mil euros para apoio ao servizo de comedor.
Segundo apunta o BNG, neste curso escolar as Anpas descoñecen se van recibir algún tipo de apoio económico, situación que o Bloque considera preocupante tendo en conta a activa función que estas asociacións desenvolven na organización de todo tipo de actividades extraescolares e complementarias, coas que se pretende dar resposta a aspectos concretos da formación do alumnado e á conciliación da vida familiar e laboral así como a posta en marcha dos comedores escolares.
Por todo isto os nacionalistas remitiron un escrito dirixido ao alcalde Javier Bas, solicitando a convocatoria urxente da Comisión Municipal de Ensino na que se dea conta dos motivos que levaron á non publicación de axudas para actividades de ANPAs, os criterios que vai seguir o goberno municipal para a vindeira convocatoria, a contía da partida, e procedemento a seguir para a súa solicitude.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará