Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta inaugura en Chapela unha aula de informática

RR_Noticias

A nova aula CeMIT é un espazo de 75 metros cadrados equipada con 12 postos informáticos de traballo, un posto de profesor, unha pantalla de proxección de 42 polgadas e un equipo profesional de videoconferencia que facilitará o acceso ás novas tecnoloxías dos veciños de Chapela.

O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro e a secretaria xeral de Innovación tecnolóxica Mar Pereira presidiron a inauguración desta aula acompañados pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares e o alcalde de Redondela, Javier Bas.
Cabaleiro, destacou a posta en marcha desta nova aula CeMIT que segundo as súas palabras “contribuirá a achegar as novas tecnoloxías e a formación nesta materia aos habitantes de Redondela”.
Cabaleiro salientou, no transcurso da súa intervención, o investimento da Xunta de Galicia na transición á TDT da comarca de Vigo, para a que o Goberno galego achegou máis de 420.000 euros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará