Hoxe é Domingo 14 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O balonmán local despide a primeira volta con derrotas para Sar e Chapela

RR_Noticias

Nada puideron facer os de Pablo Muiños na súa visita ao campo do Magope. Máis doado do esperado lles resultou o partido aos de Coia que a pesar de ter cinco titulares de baixa por lesión lograron unha vantaxe de dez goles sobre a SAR. O encontro rematou co resultado de 38-28. Tampouco houbo sorte para o Paraxe Chapela, que na súa visita a Lalín caían derrotados por 35 goles a 30.

Xa no 2012 as primeiras citas dos equipos locais levarán a Sar ao Campo do Cinco Jotas, partido moi igualado con dous equipos desesperados por tentar sumar algún punto que os afaste dos postos de descenso. A día de hoxe o Cinco Jotas é o pechacancelas con tan só dous puntos, tres máis ten a Sar que se atopa no penúltimo posto da categoría.
Pola súa banda, as aspiracións do Paraxe Chapela son ben diferentes. Continúan no cuarto posto da táboa e continuarán na súa loita por manterse nesa boa situación. A primeira cita do vindeiro ano será en Chapela, onde o Paraxe recibirá ao Camariñas, un equipo da parte baixa da clasificación.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará