Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Marisma Máis promove o turismo como motor económico

RR_Noticias

O proxecto, que está previsto desenvolver entre os anos 2012-2013, centra boa parte das súas actuación en facer máis atractivo o noso concello ao sector turístico cun programa de rutas pola enseada de San Simón, o acondicionamento de dous paseos marítimos en Chapela e Cesantes e a construcción da Aula de interpretación da batalla de Rande. O orzamento total ascende a 4’4 millóns de euros.

Un financiamento que será compartido entre a Unión Europea, que a través do Plan Feder achegarán 3’1 millóns de euros, mentres que as arcas municipais deberán poñer a disposición do proxecto 1’3 millóns. Precisamente esa achega á o que máis preocupa ao goberno local porque segundo explicou o alcalde, Javier Bas. “ese investimentos podería desestabilizar a economía municipal polo que haberá que facer un esforzo de xestión”. Con todo, o rexedor local afirmaba ante os representantes de asociacións veciñais e culturais que se trata dunha gran oportunidade que permitirá preservar o patrimonio cultural, avanzar na cohesión social e poñer en marcha iniciativas encamiñadas a promover o turismo como motor económico. Nese sentido destacaba o que será a actuación estrela do Marisma Máis: a Aula de interpretación da Batalla de Rande “Meirande” que permitirá transformar as ruínas da fábrica do Alemán nun complexo museístico ao que se podería acceder por terra e por mar e que forma parte dun programa global de protección e preservación do patrimonio cultural. Outros dos proxecto destacados dentro do plan fai referencia ao acondicionamento do litoral, co acondicionamento de paseos marítimos tanto en Cesantes cunha lonxitude de 240 metros como en Chapela, onde o paseo sería de 290 metros. O último dos programa enmarcado dentro do Plan fai fincapé na promoción da conciliación familiar co acondicionamento dun centro de día nas instalación do Antigo Colexio de Trasmañó, actualmente pechado, e a construcción dun pavillón multidisciplinar na zona da marisma. Unha presentación cuxa posta en escena contou tamén coa presenza do socialista Eduardo Reguera e a nacionalista Cecilia Pérez Orge quen compartiron mesa co alcalde xa que as liñas básicas do plan foran definidas polo bipartito no anterior mandato, aínda que lle tocará agora ao PP garantir que estas obras se fagan en tempo e forma para asegurarse os fondos europeos.  

Javier Bas rexedor local
O alcalde falaba do reto económico que supón este proxecto
Proxecto estrela
A aula de interpretación de Rande é unha das actuacións máis ambiciosa
Promoción turística
Rutas guiadas por San Simón que pretende atraer o interese privado
Paseos polo litoral
Tanto en Cesantes como en Chapela prolongaranse os paseos marítimos
Novo pavillón multidisciplinar
Un novo espazo onde desenvolver actividades deportivas e culturais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará